domingo, 20 de abril de 2008

Pablo Giráldez "O pastor" presenta en Arcade o seu particular Almanaque agrícola.




O artista gráfico Pablo Giraldez "O pastor", coñecido como o Warhol galego despois de pasear as súas obras polo centro de Vigo a bordo dun tractor e convertir a sala de exposicións do Centro Social Caixanova nun furancho, expón o seu Almanaque agrícola na galería Campo das redes de Arcade (Soutomaior).

O pastor ten unha longa traxectoria dentro do deseño gráfico con series de carteis dunha provocativa sinxeleza, a escenografía teatral para grupos como Teatro do Morcego, Ningures, Tanxarina, ou o Centro Dramático Galego, e portadas de discos para grupos como Chouteira, Os Cempés, Malvela, Nordestinas ou Discópolis de radio 3.

Almanaque agrícola é unha colección de cuadros de grande formato realizados con pintura industrial sobre madeira, masas planas de cores vivas, contrastes de brillos e mates, inxerencia de textos como valor visual non comunicativo, con unha estética moi próxima ó grafismo publicitario. O pastor aprópiase de pequenas iconas do mundo rural ( A bota de goma, o capacho, o veleno para ratos, o escarabello da pataca, etc...) recollidos a maioría das veces da publicidade en revistas agrícolas e os descontextualiza para outorgarlles a categoría de santos do seu almanaque particular.

A inauguración da exposición terá lugar o venres 18 de abril na galería Campo das redes (Avenida Castelao 43 arcade, Soutomaior) que será "afuranchada" para agasallar ós presentes con viño de purrela, tetilla, pasodobres e algunha sorpresa.



Exposición: Almanaque agrícola

Autor: Pablo Giraldez "o pastor"

Contacto: Pablo Giráldez Río "O pastor" Tlf. 607 335 735 opastormoitotraballa@yahoo.es

No hay comentarios:

Diego de Giráldez

Un pintor y escultor español de dimensión universal Este libro dedicado a la vida y obra del pintor  Diego deGiráldez  pretende facili...